InicioSociedadeNa busca de voces para axudar á tecnoloxía a falar e entender...

Na busca de voces para axudar á tecnoloxía a falar e entender o galego

O obxectivo é conseguir 6.000 participantes que graven a súa voz lendo 30 frases

PUBLICADO O

- Advertisement -

Investigadores do centro atlanTTic da UVigo e a empresa Balidea presentaron este luns o proxecto falAI, para a recollida de voces que permitan ‘ensinar’ ás tecnoloxías a falar e entender a lingua galega.

Así, co hashtag #A30frases búscase a participación do maior número de persoas posible para que, de forma anónima, graven a súa voz lendo 30 frases indicadas na plataforma falai.balidea.com. O obxectivo é compoñer un ‘corpus’ lingüístico que permita adestrar a un asistente conversacional por voz.

A investigadora Laura Docío sinalou que a meta é conseguir 6.000 participantes, cumprindo co criterio de que 30 horas de gravación correspondan a maiores de 50 anos, 10 horas correspondan a cada provincia e cun equilibrio de xénero do 40-60 %.

A recollida de voces en galego permitirá tamén xerar ‘datasets’ en dominios como a saúde ou os trámites administrativos. O proxecto tamén pretende levar a cabo un estudo que sirva de guía no deseño e posta en marcha de axentes conversacionales por voz en linguas con baixos recursos, de maneira que se ‘adestre’ aos algoritmos de aprendizaxe que usan estes axentes.

“FITO IMPORTANTE NO ÁMBITO TECNOLÓXICO”

Na presentación do proxecto, a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, explicou que, para a institución académica “é un auténtico orgullo” un proxecto como falAI; mentres que o director xeral de Balidea, Lorenzo Rodríguez, sinalou que esta iniciativa é “un fito importante tecnoloxicamente” e tamén por ser en galego.

No acto de presentación tamén participou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que convidou aos cidadáns a participar no proxecto, que permitirá que o “diálogo permanente” que se ten coa tecnoloxía na actualidade, poida ser “en nosa propia lingua e co noso propio acento”.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...