InicioSociedadeDenuncian falta de medios nun hospital de Vigo por non poder realizar...

Denuncian falta de medios nun hospital de Vigo por non poder realizar unha resonancia a unha muller de 270 quilos

A Asociación da Sociedade Xitana Española, ve "deixamento de funcións", "deficiente atención médica" e "mala praxe" e denunciaron esta situación ante o xulgado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación da Sociedade Xitana Española denunciou a falta de medios nun hospital de Vigo para realizar unha resonancia ou un tac abdominal a unha muller que sofre obesidade mórbida incapacitante, chegando o seu peso aos 270 quilos. Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, dita asociación explicou que a paciente no últimos cinco anos ingresou en reiteradas ocasións no centro olívico debido a problemas xerados pola súa situación de saúde.

Na actualidade, leva cinco meses ingresada debido a unhas dores abdominais para os que se lle dá calmantes, pero non se lle levan a cabo un tac abdominal ou unha resonancia xa que o hospital non dispón dos aparellos adecuados para este tipo de persoas con tanto volume corporal, segundo denuncia esta entidade, que di que tampouco se trasladou á paciente a outro centro para realizar as ditas probas. Por iso, ve “deixamento de funcións”, “deficiente atención médica” e “mala praxe” e denunciaron esta situación ante o xulgado, apuntando tamén ao conselleiro de Sanidade e á responsables da área de Vigo.

ÚLTIMAS

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...