InicioEconomíaEixo Atlántico pide por carta á ministra de Transportes a licitación o...

Eixo Atlántico pide por carta á ministra de Transportes a licitación o tramo pendente do saída sur de Vigo

Ademais, demándase información sobre o tramo Ferrol-Betanzos-A Coruña

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta do Eixo Atlántico e alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o vicepresidente, Ricardo Río, enviaron unha carta á ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, para pedir a licitación do tramo pendente do saída sur de Vigo.

E é que falta por licitar a metade do tramo Vigo-fronteira portuguesa, imprescindible para conseguir o obxectivo de conectar Ferrol-A Coruña-Lisboa a través dunha liña de alta velocidade en 2030.

Ademais, demándase información sobre o tramo Ferrol-Betanzos-A Coruña, tramo que falta da liña entre Ferrol e a fronteira portuguesa, aprobado hai dúas décadas e aínda sen finalizar, así como o tramo que tamén se conectaría coa rede europea a través de Lugo.

O Eixo remarca que son obras “de carácter urxente para as que existe financiamento europeo nun momento no que se está cuestionando a capacidade de xestión dos fondos Next Generation, que poderían estar en risco”.

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, asegura que: “Isto podería provocar o absurdo de que non se faga todo o necesario por falta de financiamento mentres se devolve o diñeiro a Europa por falta de xestión”.

“Todo iso mentres o Goberno está a impulsar a próxima apertura da liña de alta velocidade Barcelona-Lyon, o que evidencia unha asimetría no trato a Galicia e Portugal comparado co trato ao Mediterráneo”, lamenta Mao.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...