InicioCulturaPatrimonio dá o visto bo á rehabilitación do Pazo da Raposeira e...

Patrimonio dá o visto bo á rehabilitación do Pazo da Raposeira e do muro da Pastora

As escavacións do Pazo da Raposeira deberán facerse baixo control arqueolóxico

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informou favorablemente ao Concello de Vigo sobre os proxectos para a rehabilitación e acondicionamento do Pazo da Raposeira e a intervención nun muro de contención do Pazo da Pastora.

Así, o departamento da Xunta de Galicia responde os documentos entregados pola administración local sobre as actuacións denominadas ‘Proxecto de execución de rehabilitación e acondicionamento do Pazo da Raposeira’ e ‘Proxecto de intervención, rehabilitación parcial de muro de contención e peche en Pazo da Pastora’.

No primeiro dos casos, a nova autorización está condicionada a que as escavacións necesarias para a obra se realicen baixo control arqueolóxico. Ademais, tras finalizar a intervención, emitirase unha memoria final que documente adecuadamente todo o proceso levado a cabo en cada unha das súas fases.

Pola súa banda, no Pazo da Pastora, tamén terá que realizarse unha memoria final e entregarse á Dirección Xeral seis meses despois de finalizar a intervención.

ÚLTIMAS

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...