Presentado por Gradiant un sistema de intelixencia artificial para predicir recaídas en pacientes de cancro

"Un dos principais avances foi o desenvolvemento dun modelo de intelixencia artificial que detecta automaticamente células tumorais circulantes no noso sangue" din desde Gradiant.

O presidente do padroado de Gradiant e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria en Vigo

O centro tecnolóxico Gradiant presentou un modelo predictivo baseado en intelixencia artificial que detecta posibles recaídas en pacientes que sufriron cancro de colon e mama. Tal como informou a organización, este sistema desenvolveuse no últimos tres anos en catro hospitais europeos e nos próximos días presentaranse os seus resultados clínicos.

En concreto, foi levado a cabo por Gradiant como parte da súa colaboración no proxecto Persist, cuxo obxectivo é a creación dun novo modelo de coidado apoiado en ferramentas tecnolóxicas diversas como modelos predictivos e aplicacións web, entre outras.

Nel, o centro tecnolóxico galego colabora con outras 13 entidades de 10 países. A innovación de Gradiant baséase nunha innovación tecnolóxica que permite estudar imaxes de biopsias líquidas para detectar células tumorales circulantes.

O proxecto Persist foi financiado con 5 millóns de euros pola Unión Europea e permitiu realizar ensaios clínicos en 4 hospitais de España, Bélxica, Eslovenia e Letonia. Nos ensaios colaboraron voluntariamente 160 pacientes de cancro e 32 profesionais sanitarios. O Centro Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) foi o centro de referencia en España.

“Un dos principais avances e contribución directa de Gradiant foi o desenvolvemento dun modelo de intelixencia artificial que detecta automaticamente células tumorais circulantes no noso sangue. Este biomarcador pode axudar a predicir recaídas en pacientes que superaron un cancro”, indicou o organismo.

“O proxecto Persist permitiu ter unha mellor comprensión das implicacións que ten a supervivencia de cancro, tanto para os propios sobreviventes, como para o sistema sanitario e os seus profesionais. Ademais demostrou como a tecnoloxía pode apoiar modelos de coidado que poñan ao paciente no centro”, indicou o responsable de eSalud de Gradiant, Alberto Sánchez.