InicioSociedadeTres investigadores da UVigo volven á Antártida e estudarán o efecto da...

Tres investigadores da UVigo volven á Antártida e estudarán o efecto da radiación UV nas macroalgas

O traballo destes científicos ten continuidade en Galicia, no complexo dunar de Corrubedo, en Ribeira. Alí, replican ao detalle o mesmo que fan na Antártida

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os investigadores Mariano Lastra (Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, e científico do CIM-UVigo), Jesús Souza e Jesús López (CIM-UVigo), e Iván Franco (doutor pola UVigo e investigador postdoctoral na Universidade de Cádiz) forman parte da expedición que, entre o 17 de febreiro e o 17 de marzo, desenvolverá unha campaña na Antártida para estudar, por primeira vez, o efecto da radiación ultravioleta nas macroalgas, ao amparo do proxecto Radiant, financiado con 50.000 euros polo Plan Nacional de I+D.

Este proxecto está asociado á 36ª Campaña Antártica Española e é unha continuación de iniciativas anteriores. Segundo explicou Mariano Lastra, durante as 4 semanas que dura a campaña, na base Gabriel de Castela de Illa Decepción, realizarase un “experimento de manipulación do medio natural”.

Así, quentaranse substratos, macroalgas que están varadas nas praias da illa, a diferentes temperaturas, para observar reaccións de descomposición de materia orgánica, emisións de CO2, liberación de nitróxeno e fósforo. Como novidade, engadiu, nesta ocasión (xa participaron en campañas antárticas anteriores) introducirase a variable da radiación ultravioleta durante un número de horas “para tratar de estudar que efecto combinado ten a temperatura e a radiación na descomposición da materia orgánica”.

A realización deste experimento responde á hipótese xeral de que, canto menos xeo (tanto espacial como temporal), máis iluminación chega ao fondo, “o que fai que todo o que sexan organismos fotosintéticos teñan máis tempo para desenvolverse, para proliferar”. Isto afecta o fitoplancto, ás algas e ao aumento da produtividade primaria, que pode beneficiar a certas especies e repercutir no crecemento das macroalgas.

Lastra, Troncoso, López e Franco atópanse en Punta Areas (Chile), á espera de voar a Illa Rei Jorge desde onde, nun barco búlgaro, serán trasladados a baséea Rei Juan Carlos I e logo a Illa Decepción.

DA ANTÁRDIDA A CORRUBEDO

Durante o mes de permanencia na Antártida, os investigadores da UVigo continuarán coas mostraxes dunha ducia de praias nas que están a traballar desde 2004. “Imos repetir medicións do estado morfodinámico da praia”, sinalou Mariano Lastra.

Pero o traballo destes científicos ten continuidade en Galicia, no complexo dunar de Corrubedo, en Ribeira. Alí, replican ao detalle o mesmo que fan na Antártida, para poder ensaiar metodoloxía e protocolo do experimento e para, ademais, poder comparar os resultados en latitudes diferentes.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...