InicioSociedadePiden 8 anos de cárcere para un home que vendía metadona e...

Piden 8 anos de cárcere para un home que vendía metadona e benzodiacepinas nun local dunha asociación en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 51 anos de idade enfróntase a 8 anos de prisión como presunto autor dun delito contra a saúde pública, pola venda de metadona e benzodiacepinas nun local dunha asociación cultural de Vigo, que utilizaba como vivenda. O home, que será xulgado este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica, foi detido en setembro de 2020.

Segundo expón a Fiscalía no seu escrito de acusación, a Policía tiña sospeitas de que, nese local, poderíase estar a realizar algunha actividade ilícita, e nun dispositivo de vixilancia os axentes comprobaron que, durante a madrugada, numerosas persoas accedían ao interior do establecemento, que estaba pechado, previa chamada telefónica desde o exterior.

O acusado, desde dentro e a través dun circuíto pechado de cámaras, podía ver quen quería entrar e facilitar así o acceso. Precisamente, aproveitando que unha das persoas que chamara estaba a esperar para entrar, a Policía accedeu ao interior.

No rexistro do local, os axentes atoparon oculta baixo o oco dunha escaleira unha caixa de plástico que contiña numerosos fármacos, considerados drogas que causan grave dano á saúde se se toman sen prescrición e control médico.

Así, incautáronse de 136 pastillas de metadona de 5 mg, 133 pastillas de metadona de 10 m9, 17,5 unidades de metadona de 90 mg, 1.017 unidades de alprazolam (presente no Tranquimazin de 2 mg), e 360 unidades de clorazepato dipotásico (presente no Tranxilium de 50 mg). Por todo iso, o ministerio público pide que sexa condenado a 8 anos de prisión, e ao pago dunha multa de 8.000 euros, por un delito contra a saúde pública.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...