InicioSociedadeAs obras do Halo pecharán o túnel de Lepanto e o acceso...

As obras do Halo pecharán o túnel de Lepanto e o acceso á estación de autobuses de Vigo desde o vindeiro luns

O tráfico será redirixido por Isaac Peral

PUBLICADO O

- Advertisement -

As obras do ascensor Halo obrigarán ao peche do túnel da rúa de Lepanto e o acceso á estación de autobuses de Vigo desde o vindeiro luns, día 13 de febreiro. Así o sinalou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen calcula que esta anomalía durará aproximadamente un mes e implicará máis cortes nocturnos para entrar á cidade desde a AP-9 por Alfonso XIII.

En concreto, o rexedor explicou que o izado do círculo do ascensor suporá que a partir do mércores, día 15, levarán a cabo estes cortes nocturnos na entrada por Alfonso XIII, na zona de Cervantes. Por iso, o tráfico será redirixido por Isaac Peral. Esta limitación en horario nocturno faise porque “en horas punta é imprescindible ter aberta esa entrada á cidade”.

En canto á alternativa establecida para a entrada e saída de autobuses á estación, dado que non poderán usar a autoestrada, o alcalde indicou que deberán ir tamén por Isaac Peral e cálea Doutor Canoa, pasando por Antón Beiras, Travesía de Vigo, Urzaiz e Baixada a Estación.

Precisamente a delegada da Xunta en Vigo e candidata do PP á Alcaldía, Marta Fernández-Tapias, falou este venres do tema, subliñando que solicitaron ao goberno local unha reunión para planificar como se van a producir os cortes de tráfico e poder así planificar os desvíos dos autobuses que cheguen á estación intermodal.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...