InicioPolíticaMarea de Vigo preséntase como a "coalición de toda a esquerda alternativa"...

Marea de Vigo preséntase como a “coalición de toda a esquerda alternativa” para as municipais

O seu portavoz, Rubén Pérez, quere garantir a participación de toda a cidadanía no seu programa electoral, polo que levarán a cabo actos e reunións sectoriais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Marea de Vigo apostará por volver presentarse ás eleccións municipais do próximo mes de maio tratando de ser unha “coalición de toda a esquerda alternativa”.

Precisamente esta semana a organización política celebrou unha asemblea xeral para informar os traballos que está a levar a cabo para configurar unha candidatura de “unidade popular”.

O seu portavoz, Rubén Pérez, subliñou que Marea de Vigo quere garantir a participación de toda a cidadanía no seu programa electoral, polo que levarán a cabo actos e reunións sectoriais para continuar o proceso de escoita activa.

No encontro aprobáronse as bases para concorrer ás eleccións, que se fundamentan na construción dunha coalición con formacións políticas coas que xa traballou nos últimos anos como Podemos, Esquerda Unida, Anova ou Equo.

Por iso, nos últimos días Marea de Vigo e o resto de organizacións políticas están a intensificar os labores para pechar esa candidatura unitaria e un programa de mínimos.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...