InicioSucesosRescatada unha muller que sufriu unha caída no seu domicilio en Vigo

Rescatada unha muller que sufriu unha caída no seu domicilio en Vigo

Segundo informou o 112, foi a propia implicada a que contactou coa central de emerxencias, sobre as 10,15 horas, para alertar de que se caeu ao chan e non conseguía levantarse.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller tivo que ser rescatada este sábado despois de sufrir unha caída no seu domicilio, situado na rúa de Pizarro, en Vigo.

Segundo informou o 112, foi a propia implicada a que contactou coa central de emerxencias, sobre as 10,15 horas, para alertar de que se caeu ao chan e non conseguía levantarse. Na súa comunicación, sinalaba tamén que estaba soa na vivenda, polo que non podía abrir a porta aos profesionais de emerxencias.

Con esta información, o 112 puxo os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Nacional, da Policía Local e dos Bombeiros de Vigo.

Xa no lugar, os servizos sanitarios confirmaron a necesidade de empregar material de apertura de portas. Deste xeito, os xestores do 112 procederon a informar os Bombeiros municipais para que se encargasen de facilitar a entrada ao domicilio e que a muller puidese ser atendida.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...