InicioVigo e contornaVigoMáis de 16.600 familias viguesas solicitaron as axudas de 205 euros para...

Máis de 16.600 familias viguesas solicitaron as axudas de 205 euros para libros de texto

Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, desas solicitudes, algunhas corresponden con máis dun estudante, e lembrou que o Concello destinará 5,2 millóns de euros a estas subvencións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo recibiu 16.647 solicitudes doutras tantas familias que reclaman a axuda de 205 euros por cada estudante de Educación primaria, ESO ou Educación Especial matriculado nos centros da cidade.

Segundo explicou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, desas solicitudes, algunhas corresponden con máis dun estudante, e lembrou que o Concello destinará 5,2 millóns de euros a estas subvencións.

Así, unha vez esgotado o prazo de presentación desas peticións nas últimas horas, dá comezo o trámite de valoración, e a previsión é que as axudas poidan empezar a pagarse ás familias entre finais de febreiro e principios de marzo.

Con respecto aos nenos e nenas empadroados en Vigo, pero que por diversos motivos están a cursar os seus estudos fóra da cidade (e que, segundo as bases da convocatoria municipal, quedan fóra desas axudas), Abel Caballero asegurou que se reunirá coas familias afectadas e buscará unha alternativa.

“Vou buscar unha solución (…) pero a legalidade é a que é”, sinalou o rexedor, que apuntou, en calquera caso, que se están estudando fórmulas coa Intervención Municipal. “Pero dígolles a esas familias que os seus fillos e fillas non se van a quedar sen axudas”, aseverou Caballero.

ÚLTIMAS

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...