InicioSociedadeUn acusado por agresión sexual a menores en Vigo nega os feitos,...

Un acusado por agresión sexual a menores en Vigo nega os feitos, aínda que admite unha relación consentida cun deles

Fiscalía pide máis de 20 anos de cárcere para o acusado, que coñecía aos mozos por cortarlles o pelo habitualmente

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, por ter supostamente agredido sexualmente a dous mozos menores de 16 anos de idade, J.A.H.F., negou as acusacións, aínda que admitiu que si mantivo un encontro sexual cun deles, pero foi un acto “consentido”.

O procesado, para quen a Fiscalía pide penas que suman máis de 20 anos de prisión, explicou na súa declaración ante o tribunal que foi detido dúas veces, en relación cos feitos que se xulgan. Un arresto produciuse despois dunha denuncia por parte dun menor, por uns supostos tocamentos, mentres que a segunda produciuse tras manter relacións sexuais con outro mozo, que el asegura foron consentidas.

Segundo explicou o acusado (que só respondeu a preguntas do Fiscal e do seu letrado), dedicábase a cortar o pelo a persoas a domicilio, aínda que algúns clientes ían tamén á súa casa, e coñecía aos menores por esa actividade. No caso da primeira denuncia, explicou que foi á casa do menor e que este lle pediu que lle puxese un tratamento de queratina no pelo; como non tiña o produto nese momento, acordaron que o neno iría á súa casa.

A Fiscalía sostén que, no domicilio do acusado, este someteu a tocamentos ao menor, aínda que no plenario, o procesado afirmou que non se produciu esa agresión, e que unicamente gastou “unha broma” ao neno, dandolle unha palmada nun costado.

RELACIÓN “CONSENTIDA”

Con respecto á outra agresión, o acusado afirmou que era o mozo o que insistía en acudir á súa casa a cortarse o pelo, e que lle fixo insinuacións de tipo sexual en varias ocasións. Con todo, J.A.H.F. asegurou que non coñecía a idade exacta do denunciante e que sempre creu que tería “16 ou 17 anos”.

O día dos feitos, explicou, o menor presentouse no seu domicilio co pretexto de cortarse o pelo. Unha vez no apartamento, e segundo a versión do acusado, ambos mantiveron un encontro sexual de mutuo acordo; aínda que o procesado negou esas relacións nas súas declaracións no xulgado en fase de instrución.

O acusado, que ten o virus do VIH, asegurou que entregou ao menor un preservativo para que llo puxese, aínda que matizou que, segundo os últimos informes médicos, tiña “carga viral cero”.

Así mesmo, indicou que, despois dese encontro, seguiu en contacto co mozo e que este lle seguiu enviando mensaxes se tipo sexual. Días despois de estar na súa casa, volveuse a presentar alí e tentou que o acusado lle comprase un teléfono, ao que este negouse, segundo declarou.

ACUSACIÓN PÚBLICA

A Fiscalía mantén que o acusado realizou tocamentos ao primeiro dos menores, e que obrigou ao outro a ter relacións sexuais completas, a pesar de que saber que ten SIDA, sen preservativo. Como resultado dese encontro, o mozo contraeu unha infección gonocócica e desenvolveu un cadro ansioso-depresivo.

Por estes feitos, pide que sexa condenado a penas que suman máis de 20 anos de prisión (por dúas agresións sexuais e un delito de lesións), e que indemnice ás vítimas polas lesións, secuelas e dano moral nun caso (en máis de 28.000 euros) e por dano moral noutro (en 7.000 euros).

ÚLTIMAS

Detido en República Dominicana un home condenado por violar e gravar a unha moza en Vigo tras fuxir de España

A Policía Nacional de República Dominicana detivo nas últimas horas a Miguel Ángel Wilson, de...

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo...

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...