InicioSociedadeO BNG de Vigo pide reforzar o persoal municipal e descentralizar os...

O BNG de Vigo pide reforzar o persoal municipal e descentralizar os servizos ante a “saturación” do Concello

Criticou que o goberno de Abel Caballero "baleire de medios humanos e materiais" as dependencias municipais "á vez que avanza na privatización de servizos públicos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo pediu reforzar o persoal municipal e apostar pola descentralización dos servizos como solución á “saturación” que vive nas últimas semanas o Concello.

Nun comunicado, a organización política criticou que o goberno de Abel Caballero “baleire de medios humanos e materiais” as dependencias municipais “á vez que avanza na privatización de servizos públicos”.

“A saturación actual supón un evidente prexuízo para os veciños, con colas quilométricas no Concello, con servizos a medio pechar como as Unidades de Traballo Social de Teis e Coia e con demoras de máis dun mes para lograr unha cita para trámites que, en moitos casos, ten que ver con situacións de vulnerabilidade social”, denunciou o concelleiro e portavoz do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas.

O tamén candidato á Alcaldía afeou que o goberno local insista en transferir a mans de empresas privadas a xestión de máis servizos municipais. “Ata para cuestións tan básicas como a apertura e o peche das instalacións deportivas do propio Concello”, engadiu, lamentado que o actual goberno sexa “o que máis privatizacións impulsou na historia da cidade”.

Entre outras cuestións, Pérez Igrexas lembrou que o Concello ten case 300 prazas de persoal municipal pendentes de adxudicar pola falta de execución das Ofertas Públicas de Emprego desde o ano 2017.

“Demandamos que o Concello, que ten capacidade económica suficiente para reforzar os seus servizos, axilice a incorporación de máis persoal para ofrecer unha mellor atención aos veciños e evitar sobrecarga aos actuais traballadores”, sentenciou.

Precisamente hai unhas semanas o Partido Popular tamén chamou a atención sobre as dificultades que se atoparon veciños doutros concellos para empadroarse en Vigo, con esperas de máis dun mes para a súa cita.

ÚLTIMAS

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...