InicioMedio Ambiente e PatrimonioAlguén prepara salchichas con alfinetes para os cans dunha veciña de San...

Alguén prepara salchichas con alfinetes para os cans dunha veciña de San Miguel de Oia

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sección da U.M.I.R da Policía Local de Vigo foi requirida este xoves por unha cidadá nun
domicilio da parroquia de San Miguel de Oia debido a que se atopou varias salchichas con alfinetes no seu interior, no terreo da súa propiedade.

Os Axentes no lugar entrevistáronse coa requirente, a cal manifestou que momentos antes,
cando estaba realizando labores de roce na súa leira, viu varias salchichas esparcidas nun
radio duns dous metros aproximadamente e que no seu terreo ten dúas cadelas así como que os seus animais non sufriran danos debido a que a zona onde se atoparon as salchichas atópase valada cunha malla metálica.

Os actuantes posteriormente trataron de pescudar quen puido ser o autor ou autores dos feitos, sen obter polo momento ningún resultado polo que continúan as pesquisas policiais.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...