InicioVal MiñorBaionaUnha oceanógrafa de Nigrán funda a primeira iniciativa de ecoturismo mariño- científico...

Unha oceanógrafa de Nigrán funda a primeira iniciativa de ecoturismo mariño- científico de Galicia

'North Wind - Sailing for Science' impulsará itinerarios libres de plásticos, en veleiro, e co obxectivo de promover o coñecemento do medio mariño das Rías Baixas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

En liña coa tendencia slow travel, que aposta por unha nova forma de gozar do turismo “máis sostible, local e auténtica”, e baixo a premisa de reducir o impacto medio ambiental dos roteiros científicos; nace a iniciativa ‘North Wind – Sailing for Science’. Trátase dun proxecto que propón visitas guiadas eco-responsables e libres de plásticos.

Fundada pola oceanógrafa nigranesa Diaña Zúñiga, ‘North Wind – Sailing for Science’ céntrase en promover o coñecemento científico do mundo mariño nas Rías Baixas, “un dos ecosistemas con maior diversidade biolóxica e máis produtivos do mundo”, a través de experiencias “sostibles, únicas e singulares”.

O proxecto galego North Wind – Sailing for Science, que actualmente se acelera no programa de acompañamento ao emprendemento Sherpa Journeys, de Sherpa do Mar, nace así co obxectivo de converterse na primeira iniciativa especializada en ecoturismo mariño-científico de Galicia comprometida coa conservación do medio mariño.

Por iso, nun intento por reducir a pegada de carbono nas actividades que se desenvolven no mar, as experiencias levaranse a cabo en veleiro, considerado un dos medios de transporte máis respectuosos co medio ambiente, practicamente sen emisións de C02. Ademais, segundo indican, minimiza os danos no leito mariño ou os niveis de contaminación acústica submarina, “unha das maiores ameazas para estes ecosistemas, e cuxas consecuencias son determinantes na conservación e protección do medio mariño”.

A filosofía a bordo será “cero plásticos” e os itinerarios estarán enfocados tamén á promoción e o coñecemento do produto e a gastronomía local.

Con esta iniciativa, Zúñiga, tras máis de 15 anos dedicada ao estudo do papel do océano sobre o clima e á xestión sostible dos recursos mariños de Galicia, pretende non só transmitir a súa paixón polos océanos senón tamén “concienciar á sociedade sobre a importancia de potenciar a educación ambiental e unha maneira de viaxar máis responsable”.

Neste sentido, North Wind – Sailing for Science tamén ofrecerá talleres formativos deseñados especificamente para centros educativos e/ou organizacións vinculadas ao mar, abordando temáticas relacionadas coas ciencias do mar e tendo como eixo principal a posta en valor do ecosistema mariño das Rías Baixas.

ÚLTIMAS

Temporal.- Vigo volve quedar sen tren por segundo día consecutivo

Renfe informou de que este venres se manterá a suspensión de trens con orixe...

O padroado do Ifevi aproba o prego para deseñar o seu futuro plan estratéxico

O padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) aprobou este xoves por unanimidade, nunha...

Protesta pola sanción a unha traballadora que alertou dunha mala praxe nunha escola infantil

Decenas de persoas concentráronse na mañá deste xoves en Vigo tras a sanción a...

Médicos e enfermeiras alertan do colapso da Atención Primaria en Vigo: “As listas de agarda chegan aos 15 días, diga o que diga a...

Traballadores de Atención Primaria concentráronse este xoves ante o centro da saúde da rúa...