InicioSociedadeNigrán sae do nivel de risco máximo por Covid

Nigrán sae do nivel de risco máximo por Covid

Non entra en alerta vermella ningún outro municipio da contorna.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A listaxe de municipios en alerta vermella pola incidencia do coronavirus na última semana baixaron este martes a 37, un máis que o martes, grazas a que se desactivou esta situación en Nigrán e en Ponteceso. Con todo, Boiro volveu entrar en aviso máximo.

Desta maneira, en Pontevedra baixaron a 17 os municipios en aviso máximo pola incidencia do coronavirus, posto que se desactivou en Nigrán e non ingresou á listaxe ningunha outra localidade. Así, mantéñense A Estrada, Lalín, Cambados, Pontevedra cidade, Poio, Sanxenxo, Marín, Redondela, Vigo, Mos, Moaña, Ponteareas, Salvaterra, Tomiño, O Porriño, Vilagarcía de Arousa e Tui.

No nivel laranxa de incidencia atópanse, pola súa banda, dous novos municipios en laranxa, ata os sete, debido á baixada de Nigrán desde o nivel vermello e á subida de Vilanova de Arousa desde o amarelo. Á parte destes, están Ribadumia, Meis, A Guarda, Cangas e O Grove.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...