InicioMedio Ambiente e PatrimonioA tartaruga "Antares" continúa este martes a súa viaxe ata o Caribe...

A tartaruga “Antares” continúa este martes a súa viaxe ata o Caribe trala súa recuperación

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), situado na Illa de Arousa, despide este martes á tartaruga bautizada como Antares, achada en decembro de 2017 nun aparello de pesca, para proceder á súa liberación após culminar a última fase da súa recuperación, parte da cal foi realizada nas instalacións do Cemma en Nigrán.

A tartaruga apareceu o 6 de decembro de 2017 no aparello de pesca dunha embarcación que faenaba preto da Illa Coelleira, no Vicedo. De alí, foi trasladada á UCI da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (Cemma) de Nigrán, para a súa estabilización e atención das “consecuencias leves” que sufriu na súa captura.

Alí tivo unha evolución favorable, e posteriormente, dado que en Galicia non hai instalacións con auga mariña e temperatura ambiental axeitadas para ela (xa que é unha especie propia do Caribe), o animal foi trasladado a L’Oceanografic de Valencia, onde proseguiu a súa recuperación.

Unha vez que recobrou o seu aspecto, condicións de saúde, mobilidade, peso e alimentación, foi trasladada ao Igafa para a última fase do seu tratamento e adaptación ás condicións mariñas onde, despois de tres semanas, vai ser liberada para continuar o seu camiño cara augas do Caribe. A tartaruga ten 71 centímetros e pesa 24 quilos.

A Xunta destacou que esta acción forma parte da colaboración que mantén desde 2013 coa Cemma, para a recuperación de mamíferos mariños e outras especies que chegan ás costas galegas en mal estado ou feridos. Pola súa banda, desde 2013 o Igafa participou na recuperación de oito exemplares de lobo mariño.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...