InicioVal MiñorNigránA muller detida en Nigrán pretendía prender lume na parroquia de Parada

A muller detida en Nigrán pretendía prender lume na parroquia de Parada

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pasado domingo no concello de Nigrán varios veciños posiblemente evitaron outro episodio negro nun municipio como os acontecidos en 2017.

Segundo relatou o Conselleiro de Medio Rural en funcións, José González Vázquez, na tarde do domingo unha muller foi sorprendida na parroquia de Parada por uns veciños cando tentaba prender lume cunhas pastillas de prendido de lume para braseiros.

Os veciños retiveron a esta presunta incendiaria ata a chegada da Garda Civil.

No tocante a Teixeira, un axente ambiental das brigadas de investigación de incendios interceptou a madrugada do luns ao presunto autor dun lume na parroquia de Sistín, onde se produciron dous incendios sobre a unha da madrugada con 200 metros cadrados afectados. O home foi trasladado ao cuartel de Castro Caldelas para prestar declaración.

Así, o conselleiro valorou estas actuacións porque “coller nas patacas ao incendiario é complicado”, á vez que agradece a “colaboración cidadá”.

José González presidiu este luns a reunión do Comité de Coordinación Policial Anticendios en Boqueixón (A Coruña), onde resaltou que o teléfono anónimo de denuncias (900 815 085) “está a dar bos resultados”, mentres hai un amplo despregamento de medios técnicos como drons e cámaras.

Así mesmo, lembrou que fai o seguimento de 90 persoas con indicios en comportamentos incendiario, mentres avoga por, “entre todos, acabar coa secuela dos incendiarios”. No que vai de ano, van máis de 40 persoas investigadas pola Policía Autonómica por lumes.

Accidente de Lobios

Por outra banda, respecto ao accidente de hidroavión do pasado sábado no que faleceu un piloto portugués no municipio ourensán de Lobios, José González mostrou as súas condolencias á familia da vítima e desexou unha “moi pronta recuperación” para o copiloto español.

Así, explica que hai aberta unha investigación pola Comisión de Investigación de Accidentes de Aviación Civil, pero aínda non hai “datos certos de como foi”.

Asegura que o sinistro se produciu nunha zona “complicada”, pero chama a esperar polos resultados das pescudas. Tamén apunta que se tratou de “chegar o máis rápido posible”.

Sobre o incendio de Lobios, González indica que é o único que permanece activo na mañá deste luns en Galicia e está “en vías de ser controlado” co arrefriado do perímetro.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...