InicioVal MiñorNigránO 'Si, quero' de Laura e Pablo no portal da súa casa...

O ‘Si, quero’ de Laura e Pablo no portal da súa casa en Panxón

PUBLICADO O

- Advertisement -

Laura e Pablo, unha parella de Panxón tiñan previsto o evento para o xoves 30 de abril ás 18:30h pero o confinamento non permitiu a celebración do seu enlace matrimonial.

Unha video conferencia cos 25 amigos que organizaron a sorpresa e o alcalde de Nigrán oficiando de xeito simbólico o acto civil no portal da súa casa. Esa foi a sorpresa ideada polas amizades da parella para que o día non pasase de balde.

A rúa Jesús Espinosa convertiuse en espazo de celebración especial onde non faltou o champán e a tarta nupcial de parte das amizades e unhas flores de parte do Concello.

  • A voda de Laura e Pablo no portal da súa casa | Foto Concello de Nigrán

ÚLTIMAS

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...

Un operativo antidrogas en dúas casas de Vigo, unha delas okupada, remata con tres detidos

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo desarticularon un punto negro de venda...

Peinador opera “con normalidade” a pesar da folga de controladores

Os aeroportos de Vigo e da Coruña operan "con normalidade" este venres a pesar...