InicioVal MiñorNigránNigrán pon a disposición do Goberno a residencia Tempo Libre de Patos

Nigrán pon a disposición do Goberno a residencia Tempo Libre de Patos

A residencia, mantida pola Xunta, permanece pechada de setembro a xuño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Nigrán, ante a petición do Ministerio de Sanidade para que os concellos notifiquen espazos potenciais no seu territorio para a atención sanitaria ante a crise do Covid-19, referíu a Residencia de Tempo Libre de Patos como un lugar idóneo, xa que é un lugar xa dotado, está sen actividade ata xuño, e dispón de camas e habitacións individuais, así como cociña industrial e comedor.

“No caso de Nigrán hai esta instalación que cumpre con todas as indicacións que desde o goberno de España están a requirir: centros sociais, de día ou residencias que foran desaloxadas e con potencial para ser habilitados”, indica o alcalde, Juan González, quen incide en que é unha residencia fronte ao mar, totalmente accesible, con 150 prazas, e habitacións individuais, de 2 e 3 camas… Todo elo foi indicado e referido na contestación feita este mesmo luns ao Ministerio de Sanidad. “Trátase dun lugar que precisamente está infrautilizado pola Xunta, quen o xestiona, está pechado de setembro a xuño, e tanto traballadores como Concello cremos que non ten sentido esa situación”.

“Ogallá que non sexa preciso empregala, pero desde Nigrán temos a sorte de poder colaborar nesta crise con este espazo que xa está dotado e que non ten actividade algunha”, finaliza.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...