InicioSucesosA Garda Civil confisca catro plantas de marihuana en Gondomar

A Garda Civil confisca catro plantas de marihuana en Gondomar

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos da Garda Civil de Gondomar investigan a un veciño deste municipio como suposto autor dun delito contra a saúde pública, na modalidade de cultivo e elaboración de drogas, ao ser o presunto responsable dunha pequena plantación de marihuana que se localizou nun terreo anexo á súa vivenda.

As actuacións desenvolvéronse durante a tarde deste martes, cando unha patrulla de seguridade cidadá do Posto da Garda Civil de Gondomar, no seu percorrido pola parroquia de Peitieiros, observou unha planta de marihuana no patio exterior dunha vivenda.

Ao requirir a presenza do propietario do inmueble, comprobaron que tiña outras
tres plantas, que foron incautadas para ser postas a disposición da autoridade xudicial competente.

As dilixencias instruídas polos efectivos da Garda Civil, xunto coas plantas aprehendidas, foron postas a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Vigo, onde deberá comparecer o investigado cando sexa requirido.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...