InicioSociedadeOrganizan unha andaina polo río Miñor para reclamar a construción dun paseo...

Organizan unha andaina polo río Miñor para reclamar a construción dun paseo fluvial

Terá lugar o próximo domingo, 19 de xuño, e durará en torno a unha hora e media.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Manifesto Miñor chama a toda a veciñanza do Val de Miñor a participar na Primeira Andaina pola beira do Río Miñor para reivindicar a construción dun paseo fluvial. O encontro terá lugar o próximo domingo, 19 de xuño, ás 11:00 horas, dende o antigo matadoiro de Gondomar ata a ponte da Xunqueira.

Trátase dunha andaina de aproximadamente hora e media de duración e dificultade baixa e apta para todos os públicos. Dende Manifesto Miñor recomendan levar “roupa e calzado axeitados” e “andar cos ollos ben abertos” para coñecer a fauna e a flora da contorna da man de varios especialistas, ademais de denunciar, din, “o estado de abandono de moitos tramos do río”.  Ao remate da andaina haberá sesión vermut no Bar Fontán, en Borreiros.

Con esta andaina, Manifesto Miñor procura poñer enriba da mesa unha demanda da veciñanza de Gondomar e do Val de Miñor dende hai máis de trinta anos: a construción dun paseo fluvial entre a Vila de Gondomar e A Ramallosa.

Dende a agrupación critican a “torpeza” e a “desidia” dos gobernos municipal e autonómico, que, aseguran, “fixeron que esta necesidade non se puxese enriba da mesa ata o período 2007-2009, cando chegou á alcaldía de Gondomar Antonio Araúxo, quen redactou e tramitou un proxecto de paseo fluvial pola beira do Río Miñor que a moción de censura de 2009 frustrou ata o día de hoxe”.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...