InicioVal MiñorGondomarFerida e trasladada unha muller tras saírse da vía o coche no...

Ferida e trasladada unha muller tras saírse da vía o coche no que circulaba en Gondomar

A ferida foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller resultou ferida de consideración despois de que o coche no que viaxaba se saíse da vía ao seu paso polo termo municipal de Gondomar.

Segundo informou o 112 Galicia, este accidente produciuse na estrada que une esta localidade con Peitieros sobre as 7,30 horas deste pasado martes. O servizo de emerxencias tivo coñecemento do sinistro a través dunha central de alertas de accidentes de tráfico.

Tras iso, o CIAE 112 pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES do Val Miñor, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Nigrán.

O 061 trasladou á muller ferida, M.C.M.C., de 44 anos, ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo nunha ambulancia de soporte vital básico medicalizada cun equipo sanitario de Atención Primaria de Nigrán, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...