InicioVigo e contornaVigoOs eólicos seguen ameazando a Serra do Galiñeiro 11 anos despois

Os eólicos seguen ameazando a Serra do Galiñeiro 11 anos despois

Unha asociación denuncia un proxecto eólico pendente de tramitación que podería afectar ao monte compartido por cinco concellos,

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ameaza eólica planea de novo sobre a Serra do Galiñeiro. A impactante formación, localizada nas proximidade da cidade de Vigo, volve quedar baixo o foco de asociacións veciñais ecoloxistas logo de transcender o proxecto para instalar un parque de aeroxeneradores nos seus montes.

O anuncio dos plans sobre a Serra do Galiñeiro veñen de ser dados por unha asociación homónima que detalla a aparición deste proxecto no Rexistro Eólico de Galicia. Trataríase, de acordo coa plataforma, dun “parque eólico correspondente aos montes de Gondomar e Tui na mesma entrada do Parque Natural Monte Aloia” e que, por riba, aparece na web “co topónimo mal escrito”.

Seguindo a versión das mesmas fontes, o parque trataríase, ata o momento, de pouco máis que un proxecto, xa que segue pendente de admisión. Trataríase, en concreto, de oito aeroxeradores, unha torre de medición e unha subestación. “Catro dos muiños están en Peitieiros na estrema con Morgadáns, e os outros en territorio de Tui próximo ao monte Paraguda”, precisan. Ese sería, precisamente, o topónimo mal rexistrado, que na web do REG aparece como “Paraguada”.

CONNIVENCIA DA ADMINISTRACIÓN

Para a asociación Serra do Galiñeiro, o anuncio recollido polo Rexistro Eólico resulta “un despropósito” logo de once anos “loitando pola ampliación á toda a serra de Galiñeiro do Parque Natural Monte Aloia”, os mesmos que transcorreron dende as primeiras iniciativas para instalar torres aeroxeradoras neste espazo.

Á parte, a asociación denuncia que a administración estea a contar cun papel cómplice coas empresas á hora de “mover muíños de vento de un polígono a outro para confundir á poboación”. Asemade, denuncian que os documentos correspondentes aos parques tan só sexan exposto ao público durante “quince días”. Precisamente, unha das denuncias máis recorrentes da banda ecoloxista no tocante á “avalancha eólica” gardou relación coa redución de tempos orquestrada pola Xunta de Galicia con varias normativas das chamadas “depredadoras”. Por isto e moito máis participarán na macromanifestación prevista en Madrid para o vindeiro sábado 16 de outubro.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...