InicioMedio Ambiente e PatrimonioPaseo por Gondomar ao longo da historia: ruínas antigas, ritos ancestrais, paisaxes...

Paseo por Gondomar ao longo da historia: ruínas antigas, ritos ancestrais, paisaxes que mudan

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vindeiro xoves 12 de xullo ás 18:30 h terá lugar unha ruta polo Camiño da Nosa Sra. do Norte, da capela dos Remedios ata o Pazo do Conde de Gondomar, dentro do programa das xeiras de verán 2018.

A ruta, organizada polo IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) será guiada por Antonio Soliño Troncoso. Haberá dous intérpretes de lingua de signos para sordos. Como punto de encontro, o Auditorio Lois Tobio de Gondomar.

Os organizadores do evento explican así a atividade: “Ao longo desta xeira, veremos e comentaremos retallos dun importante patrimonio histórico, etnográfico e artístico e volveremos a preocuparnos pola deriva paisaxística que está a enfilar a contorna por mor de especies arbóreas invasoras e outras razóns non vexetais”.

“Trataremos arquitectura vernácula, tan ben imbricada no territorio e como tantas veces non moi ben atendida, volveremos a comprobar a secular dependencia do campesiñado respecto da auga, e visitaremos un recinto feiral dos máis antigos do Val, no que outra vez queda patente a evidencia de ritos e costumes que naceron para aplacar medos e angustias emocionais da xente do rural“, enumeran.

Ademais, haberá unha cita “con topónimos evocadores e case sempre reveladores, transitaremos a un tempo dous dos camiños historicamente máis importantes de Val Miñor, e por último volveremos a toparnos con restos históricos e construídos deixados pola fidalguía e a alta nobreza do Antigo Réxime no condado”.

Todo durante tres horas que levarán aos asistentes a percorrer os 4,20 quilómetros do tramo de camiño que atravesa a parroquia de Gondomar; nun traxecto de pouca dificultade. O punto de encontro, como dixemos, é o Auditorio Lois Tobío, na vila de Gondomar, o xoves 12 ás 18:30.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...