InicioSucesosPrisión provisional para o acusado de matar á súa muller en Gondomar

Prisión provisional para o acusado de matar á súa muller en Gondomar

O crime que se lle atribúe ocorreu na tarde do pasado 2 de decembro, cando a Garda Civil recibiu un aviso sobre un posible caso de violencia machista en Gondomar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo decretou este martes prisión provisional comunicada e sen fianza para o home acusado de matar á súa muller na parroquia de Mañufe, en Gondomar, un crime ocorrido o pasado 2 de decembro.

En concreto, segundo informaron o TSXG, o home, que permanecía ingresado no hospital, foi dado de alta este martes, detido pola Policía Nacional e trasladado a sede xudicial, onde pasou a disposición xudicial. Está investigado como presunto autor dun delito de asasinato

O crime que se lle atribúe ocorreu na tarde do pasado 2 de decembro, cando a Garda Civil recibiu un aviso sobre un posible caso de violencia machista en Gondomar.

Unha vez na vivenda, os axentes atoparon a unha muller falecida con feridas presumiblemente de arma branca. Ademais, acharon ao presunto agresor, a súa parella, ferido tras, supostamente, tratar de suicidarse, polo que foi trasladado ao hospital.

O matrimonio, de 59 e 64 anos, tiña dous fillos maiores de idade, un deles dependente e do que se fixo cargo a familia.

ÚLTIMAS

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...