InicioVal MiñorGondomarLocalizan os cans que atacaron e mataron varias ovellas en Gondomar

Localizan os cans que atacaron e mataron varias ovellas en Gondomar

A dona dos cans critica a actuación policial e defendeu o caracter tranquilo dos cánidos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A policía Local localizou finalmente as cadelas soltas que atacaron a unha ovella e mataron a outra na parroquia de Chaín.

O domingo pola tarde estes cans, de xeito incontrolado, atacaron as ovellas dunha finca lindante na parroquia gondomareña. A Policía Local identificou e localizou os cans que calificou como “agresivos” e tamén deu co paradero da súa propietaria.

As dúas cadelas que protagornizaron o ataque ás ovellas en Chaín.

Pola súa parte a dona dos cans critica a actuación policial e defendeu nas redes sociais o caracter “tranquilo” dos cans, e culpou do sucedido a que alguén rompera o peche da finca, motivo polo cal os cans escaparon.

O luns interviron ditos animais por carecer de documentación e microchip, e foron traslados ao Centro de Acollida e Protección de Animais, (CAAN) da Deputación Provincial.

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...