Non foi Matías Prats. Era galego, doutor en dereito, xornalista e locutor que nacido en Gondomar en 1907. O seu nome, Carlos Fuertes Peralba.
A súa fama viulle dada despois da retransmisión dos partidos do mundial de fútbol de Italia en 1934, “cuando desde Roma hizo llegar a los oyentes la emoción de aquellas jornadas del deporte español” recollido así no obituario publicado o 24 de novembro de 1965 no diario ABC despois do seu falecemento e enterro con apenas 58 anos.
No ano 1940 pasaba a formar parte da axencia EFE dirixindo a sección deportiva chamada ALFIL e en 1964 recollía o premio “Antena de Oro” da Agrupación Sindical de Radio e Televisión, xunto a Matías Prats, entre outros.
Hoxe, 13 de febreiro, Día Mundial da Radio o actual alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, fixo mención ao recordo deste profesional veciño da vila e ao seu fito histórico como pioneiro locutor radiofónico deportivo.