InicioVal MiñorGondomarO alumnado de Gondomar analiza diferentes enfoques da diversidade no Día Mundial...

O alumnado de Gondomar analiza diferentes enfoques da diversidade no Día Mundial da Radio

Ao programa do IES Terra de Turonio (Gondomar) sumáronse máis centros educativos dos dous lados da raia baixo o paraugas da asociación Ponte nas ondas que este ano celebra o seu 25 aniversario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O 14 de xaneiro de 2013, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas aprobou formalmente a proclamación da UNESCO para que o 13 de febreiro fose formalmente declarado como o Día Mundial da Radio.

A propia UNESCO califica a radio como un medio poderoso para celebrar a humanidade en toda a súa diversidade e constitúe unha plataforma para o discurso democrático.

A nivel mundial, a radio segue sendo o medio máis consumido. Esta capacidade única de chegar á máis ampla audiencia significa que a radio pode dar forma á experiencia da diversidade dunha sociedade, ser un escenario para que todas as voces exprésense, estean representadas e sexan escoitadas.

Baixo esta premisa a UNESCO sinala que “as estacións de radio deben servir a comunidades diversas, ofrecendo unha ampla variedade de programas, puntos de vista e contidos, e reflectir a diversidade de audiencias nas súas organizacións e operacións. ”

A diversidade

Os obxectivos da xornada do hoxe foron os de concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio, e alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio.

Neste Día Mundial da Radio, recoñezamos o poder perdurable que ten a radio para promover a diversidade e contribuír a construír un mundo máis pacífico e inclusivo.

António Guterres, Secretario Xeral da ONU

O alumnado do IES Terra de Turonio (Gondomar) celebrou hoxe, conxuntamente con outros centros de ensino de Galicia e Portugal, esta xornada mundial da Radio cunhas emisións especiais entorno á diversidade.

Os programas do Día Mundial da Radio

25 anos de Ponte..Nas Ondas!

PONTE…NAS ONDAS! cumpre 25 anos en 2020 e para celebralo convida a todos os centros educativos a participar nas actividades que van desenvolver ao longo deste curso.

Especialmente na xornada de comunicación radiofónica que realizarán o 27 de marzo de 2020, 25 anos despois da primeira “ponte radiofónica” tranfronteiriza.

A axenda que ten preparado Ponte… Nas Ondas para 2020 onde os lazos estreitanse máis alá da raia, chegando xa á Rádio Universitária do Minho en (Braga) que participará na emisión conxunta do 27 de marzo.

Axenda de actividades.

  • 3º certame de recolla “ AS IMAXES DO PATRIMONIO”. Convocatoria aberta a partir de novembro, o prazo para participar remata en xuño 2020.
  • DÍA MUNDIAL DA RADIO. 13 de febreiro. Realización de emisións e programacións de radio que se difundirán a través do portal ” www.escolasnasondas.com “.
  • PONTE…NAS ONDAS! ( 1995-2020 ). 27 de marzo. Xornada conmemorativa dos 25 anos, cun maratón radiofónico desde estudios de radio de Galicia e Norte de Portugal. Convida ás escolas a realizar un programa en directo con persoas e grupos de portadores do patrimonio inmaterial.
  • Certame de podcast: II Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”
  • XORNADA GALEGO-PORTUGUESA DE XOGOS TRADICIONAIS. Realizarase nun venres do mes de maio de 2020.
  • DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO. Propoñen a realización de actividades co patrimonio inmaterial galego-portugués.

ÚLTIMAS

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...

A Garda Civil recolle pistas sobre o atropelo mortal na AP-9 en Teis

A Garda Civil continúa investigando o atropelo mortal a un home de 33 anos ocorrido na...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Investigan a unha menor que realizaba prácticas nun turismo coa súa nai e o seu irmán no Porriño (Pontevedra)

A Garda Civil investiga a unha menor que foi identificada o sábado 21 de decembro ao...