InicioVal MiñorGondomarAcepta unha multa de 1.080 euros por deixar morrer de fame e...

Acepta unha multa de 1.080 euros por deixar morrer de fame e sede a dúas ovellas e unha cabra nunha leira en Gondomar

Os feitos producíronse entre xaneiro e agosto de 2022.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home acusado dun delito de malos tratos animais aceptou a pena de 1.080 euros de multa, nunha vista de conformidade celebrada no xulgado do Penal 1 de Vigo, na que recoñeceu deixar morrer de fame e sede a dúas ovellas e unha cabra, ás que tiña nun recinto sen condicións adecuadas de salubridade.

Os feitos producíronse, segundo a Fiscalía, entre xaneiro e agosto de 2022, cando o acusado tiña varios animais na leira dunha vivenda de Gondomar, de cuxo mantemento el se encargaba, en ausencia dos propietarios.

Nese tempo, o acusado “se desentendeu” do coidado dos animais, sen proporcionarlles alimento e auga de forma regular, e encerrándoos durante longo tempo nun habitáculo de 3,60 metros cadrados sen luz nin ventilación.

A dona da leira descubriu os cadáveres de dúas ovellas e unha cabra en avanzado estado de descomposición, e tamén describiu que a zona non reunía condicións mínimas de hixiene e salubridade. Tras a vista de conformidade celebrada este martes, o procesado aceptou a pena de 1.080 euros de multa e un ano e un día de inahbilitación especial para a tenencia ou para o desenvolvemento de actividades profesionais relacionadas con animais.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...