InicioVal MiñorBaionaVIDEO | Salvamento rescata aos tripulantes dun veleiro en chamas a 27...

VIDEO | Salvamento rescata aos tripulantes dun veleiro en chamas a 27 millas de Silleiro

Foi sobre as 17:05 horas deste sábado cando Salvamento recibiu unha mensaxe de socorro por lume a bordo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias de Salvamento Marítimo recataron o sábado a dous tripulantes do veleiro ‘La flecha’ de 15 metros de eslora e 4 de manga, que sufriu un incendio a 27 millas ao oeste de Cabo Silleiro, preto do municipio pontevedrés de Baiona.

Segundo trasladou Salvamento Marítimo, foi sobre as 17:05 horas cando recibiron unha mensaxe de socorro por lume a bordo. Nese momento, os controladores marítimos do Centro de Fisterra foron os encargados de coordinar o operativo de rescate correpsondiente.

Mobilizaron o helicóptero Pesca I da Xunta, a embarcación Salvamar Mirach, a patrulleira Corvo Mariño da Garda Civil e o pesqueiro Lusitania Primeiro.

Os dous tripulantes, de nacionalidade austríaca e española, foron rescatados dunha balsa salvavidas e trasladados ao aeroporto de Vigo, e finalmente non necesitaron asistencia médica.

Veleiro “Le Flecha” a 27 millas W Oeste de Cabo Silleieo | Imaxe Salvamento Marítimo Gob.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...