InicioSociedadeRecollen firmas acusando a Xunta de seguir "políticas totalitarias" e "impoñer o...

Recollen firmas acusando a Xunta de seguir “políticas totalitarias” e “impoñer o galego”

A Asociación Hablamos Español recolleu este sábado en Baiona firmas "en defensa da utilización do castelán" en Cataluña, Galicia, País Vasco, a Comunidade Valenciana e Baleares.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Hablamos Español recolleu este sábado en Baiona firmas “en defensa da utilización do castelán” en Cataluña, Galicia, País Vasco, a Comunidade Valenciana e Baleares.

O seu obxectivo, afirman, é “conseguir que se poida estudar español en todo o noso país, e que as persoas hispano falantes teñamos os mesmos dereitos lingüísticos en calquera Comunidade Autónoma de España”.

Entre as súas demandas, “que os médicos e outros profesionais poidan traballar en calquera sitio de España sen barreiras lingüísticas”, ou que “os organismos oficiais usen ambas linguas“. Acusan polo tanto á Xunta de “deixar de lado” ao castelán.

Piden “que nas comunidades con dúas linguas tamén se use o español na sanidade, edificios oficiais, documentos, información turística e sinais de tráfico”, e que “ser hispano falante non supoña un impedimento para circular ou establecerte en calquera lugar de España”, ou “que poidas rotular o teu negocio na lingua que ti queiras”, algo que, segundo aseguran, non é posible nestes momentos.

No que respecta a Galicia, quéixanse de que “as axudas á creación cultural e a entidades se condicionan ao uso do galego”, “o español está prohibido nas materias con máis texto e maior utilización da linguaxe”, “as actividades extraescolares son en galego”, ou de que “a Xunta, Concellos e Deputacións, así como a Sanidade pública, só usan galego”.

Engaden, ademais: “No Parlamento de Galicia nunca se fala en español”. Entre os seus eslóganes: “Que non ten enganen. Non é amor á lingua, é un negocio. Viven de elo”, “Dicir que un neno que non estuda español sabe máis español que un que non a estuda é un insulto á intelixencia”, ou “É innegable que como mellor aprende un neno é na súa lingua materna”.

Din que o caso de España é “anómalo e aberrante”, posto que “non existe un só país civilizado no mundo no que se lle impida a un alumno recibir toda a súa ensinanza na súa lingua, para obrigalo a recibila nunha lingua que non é a súa e ademais e moitísimo menos falada no mundo”.

Outros dos seus argumentos é que “as linguas non senten, non teñen dereitos nin necesidades, non sofren, carecen de territorios. Os nacionalistas manipulan a linguaxe”.

Mentres, acusan aos poderes públicos de “tomar como reféns” á poboación e “anular o seu dereito de elección”, posto que seguen, segundo Hablamos Español, “políticas totalitarias”.

Para eles, “é absurdo non asumir que a unha persoa que emprega unha lingua moi falada no mundo non lle interesa demasiado ter unha alta competencia nunha lingua pouco falada”, e a existencia de máis dunha lingua nun territorio non constituiría unha riqueza, senón “unha realidade que hai que afrontar: “Que riqueza hai en Camerún con 250 linguas diferentes?”, defenden.

Tamén subliñan a suposta existencia dun “lobbi” de persoas e empresas en busca de “subvencións, postos de traballo, viaxes con gastos pagos e círculos de influencia”. Concretamente, en Galicia acusan a organismos como a Asociación Galega de Editores, Queremos Galego, ou á Asociación de Escritores en Lingua Galega, entre moitos outros.

ÚLTIMAS

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...