InicioPolíticaUnha ex-concelleira do PP en Baiona denuncia despedimento improcedente

Unha ex-concelleira do PP en Baiona denuncia despedimento improcedente

PUBLICADO O

- Advertisement -

 Ángeles Silva, ex-concelleira do PP que traballaba no Concello de Baiona, e á que cesou o alcalde, o tamén popular Ángel Rodal, emprendeu accións legais en busca de acreditar que, a pesar de ser fichada como “cargo de confianza”, desempeñaba funcións equiparables ás dunha administrativa, e denunciar o que considerqa un despedimento improcedente.

Silva, quen foi concelleira do PP durante oito anos, explicou que foi fichada posteriormente como cargo de confianza primeiro por parte do ex-alcalde baionés e actual conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Ao abandonar este o Consistorio para ocupar o seu novo cargo na Xunta, cesou e volveu ser contratada por Rodal en canto este relevou formalmente a Almuiña na Alcaldía.

Con todo, a pesar do seu contrato como cargo de confianza, a ex-concelleira afirma que desempeñou “todo tipo de funcións” equiparables ás “dunha funcionaria ou de persoal laboral”, sobre todo de carácter administrativo.

“Estiven no pavillón de deportes, en Urbanismo ou en Servizos Sociais, cubrín baixas ou ausencias de persoal…”, relata Silva, quen explica que, unha vez asesorada, decidiu pedir pola vía administrativa no Concello que se declarase o seu posto como “persoal indefinido non fixo coa categoría de administrativo”.

PEDIRÁ A BAIXA DO PP

Explicou que presentou o escrito no Concello o pasado 19 de febreiro e que, para a súa sorpresa, á marxe da “rápida” resposta negativa —co que o seguinte paso sería que se pronunciase o Xulgado do Social—, o alcalde deulle “un sobre” no que ratificaba o seu cesamento e “agradeceulle os servizos prestados”.

Nesta conxuntura, á marxe da súa demanda laboral, emprendeu accións legais por despedimento improcedente “por represalias”.

Ademais, prevé desvincularse do PP. “Vou enviar un correo ao partido en Pontevedra coa miña baixa e enviarei por carta o mesmo xunto ao meu carné”, revela.

“SE NON HAI CONFIANZA O CARGO NON SEGUE”

Pola súa banda, o alcalde de Baiona rexeitou pronunciarse sobre este caso e limitouse a incidir en que Ángeles Silva ocupaba “un cargo de confianza”.

“É un cargo de confianza, e cando non hai confianza, ese cargo non pode seguir contigo”, limitouse a manifestar o rexedor.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...