InicioCulturaUn pequeno hórreo en Baiona leva xa máis dun ano fomentando a...

Un pequeno hórreo en Baiona leva xa máis dun ano fomentando a lectura

PUBLICADO O

- Advertisement -

Fai un ano que Ángeles Quintas, veciña do barrio da Percibilleira de Baiona, puxo en marcha unha curiosa iniciativa de intercambio de libros “book-crossing”: “Coa axuda dun bó carpinteiro, Pablo Costa, fixemos un hórreo e transformámolo nunha pequena biblioteca, que sae á rúa tódolos días de bo tempo, e pola noite recollémola”.

Quintas está moi contenta coa resposta da xente: “Temos libros para adultos e nenos, de tódalas idades. O lema é “colle un libro, deixa un libro”. A mellor época foi o verán, houbo días de moito intercambio de libros e algúns non me deu tempo nin a ollalos”.

Elexiu o 17 de maio do 2017 como festa de inauguración da hórreo-biblioteca, qué mellor data, e celebrouno cunha pequena representación da obra de Carlos Casares “Lolo anda en bicicleta”.

O hórreo, en pleno nadal / Ángeles Quintas

Este ano, o mesmo día fixo unha festa celebrando o seu primeiro ano e tamén a vida e obra de María Victoria Moreno representando “Leonardo e os fontaneiros”.

Quintas leva anos traballando en bibliotecas e tiña ganas de facer algo relacionado cos libros. Durante unha viaxe por Irlanda, atopara nun parque unha casiña-biblioteca chea de libros e quedou maravillada.

Ademais, é seguidora do movemento “Little free Library”, “preciosas casiñas-bibliotecas que serven para fomenta-la lectura”. O seu principal obxectivo é ese, sobre todo nos máis pequenos.

“Dende o primeiro día recibo parabéns. Está funcionando moi ben, levo moi gratas sorpresas, porque hai días de moito intercambio de libros, para adultos, nenos, mozos, en inglés, en francés“, celebra.

“Moita xente tamén se anima a doar algúns libros e xa teño unha estantería chea, esperando o seu sitio na hórreo”, conclúe, ela que agarda que o hórreo-biblioteca siga cumprindo máis anos con moitos intercambios de libros e boas lecturas para todos.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...