InicioVal MiñorBaionaUn detido en Baiona por extracción ilegal de percebe

Un detido en Baiona por extracción ilegal de percebe

Tamén se lle atribúen varios delitos de ameazas aos vixiantes da Confraría, e danos aos seus vehículos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño de 43 anos de idade, ao que sorprenderon extraendo percebe en Baiona de forma ilegal, e que conta con numerosos antecedentes por furtivismo no sur da provincia de Pontevedra.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, o home foi arrestado na mañá deste mércores, no marco da denominada ‘Operación Rasqueta’, tras despregarse un dispositivo de vixilancia sobre este home (ao que tamén atribúen constantes enfrontamentos cos vixiantes da Confraría de Baiona).

Así, a pasada madrugada, a Garda Civil sorprendeu ao sospeitoso cando estaba a extraer percebes na zona do rompeolas de Baiona e, cando saíu á praia, foi detido. O home é unha persoa coñecida por ter esta actividade ilícita como o seu modo de vida.

Os axentes interviñéronlle 13 quilos deste crustáceo, ademais dunha lanterna e unha rasqueta. Así mesmo, localizaron en terra un vehículo, onde lle esperaba un veciño de Baiona, e no que transportaban outros 15 quilos de percebes, que tamén foron requisados.

A Garda Civil considera ao ‘percebeiro’ furtivo responsable dun delito contra a protección da flora e a fauna, pola “extracción continuada” de percebe en zonas vedadas, sen licenza e sen respectar as tallas mínimas, “ocasionando un grave prexuízo nas zonas de explotación”.

Así mesmo, tamén se lle atribúen varios delitos de ameazas aos vixiantes da Confraría, e danos aos seus vehículos. Por outra banda, o veciño de Baiona que lle esperaba nun coche, e que lle prestaba apoio transportando os percebes, foi notificado da súa condición de investigado como colaborador necesario na comisión do primeiro dos delitos. O detido pasou a disposición do xulgado de instrución de garda de Vigo, que decretou a súa posta en liberdade, coa obrigación de comparecer quincenalmente en sede xudicial.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...