InicioSucesosUn home armado cunhas tesoiras rouba a un menor nun caixeiro de...

Un home armado cunhas tesoiras rouba a un menor nun caixeiro de Baiona por non subministrarlle droga

O home, de 31 anos e con antecedentes, foi atopado polos axentes mentres conducía sen carnet por perda de puntos, e agrediunos antes de ser arrestado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de Baiona como presunto autor dun roubo con intimidación a un menor de idade cando estaba a sacar diñeiro nun caixeiro automático na mesma localidade.

Os feitos ocorreron a madrugada do domingo, día 16 deste mes, cando un mozo de 17 anos, que estaba acompañado dun amigo sacando diñeiro nun caixeiro automático nunha céntrica rúa de Baiona, foi abordado por un individuo para pedirlles droga.

Ante a resposta dos mozos de que non consumían estupefacientes, esgrimiu unha arma branca e pediulle ao mozo que estaba no caixeiro que lle entregase os 20 euros que acababa de retirar, non sen antes obrigar ao amigo a que se fose para deixalos sós.

Por mor das descricións achegadas sobre o atracador, os efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán que se fixeron cargo das investigacións elaboraron unha lista de candidatos que se foron discriminando en función dos datos que se ían obtendo durante estas dúas últimas semanas, ata chegar á identificación do presunto autor, que resultou ser un veciño da localidade, de 31 anos, consumidor habitual de estupefacienes e con antecedentes policiais.

Foi localizado durante o día de onte no centro urbano de Baiona cando conducía un vehículo co permiso de condución retirado por perda total de puntos, polo que, ademais do delito de roubo con intimidación, é acusado dun delito contra a seguridade viaria.

Ao inspeccionar o vehículo se lle interviu unha tesoira metálica que gardaba no peto dunha cazadora e unhas pequenas cantidades de haxix e marihuana. Ao mesmo tempo, instruíronselle dilixencias por outro delito de atentado aos axentes da autoridade por agresión e resistencia aos axentes no momento do arresto. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Vigo que ordenou o seu ingreso en prisión.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...