InicioMedio Ambiente e PatrimonioOs nenos de Baiona descobren o efecto das 230.000 toneladas de plástico...

Os nenos de Baiona descobren o efecto das 230.000 toneladas de plástico que flotan no mar

O Monte Real Club de Yates, o Concello de Baiona, ABANCA e Gadis organizan unhas xornadas medioambientais cos máis pequenos da casa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Baiona acolle o vindeiro sábado 17 de novembro o “I Taller de sensibilización ambiental sobre o impacto do plástico no medio mariño. Trala pegada do plástico”, unha iniciativa impulsada polo Monte Real Club de Yates en colaboración coa Universidade de Vigo e o concello de Baiona, na que tamén están implicadas empresas como ABANCA e Gadis.

Trátase dunha xornada educativa na que nenos do municipio de entre 7 e 18 anos poderán recoñecer as repercusións que os plásticos teñen no medio ambiente, prestando unha especial atención aos danos que ocasionan nos ecosistemas mariños, e diversas actuacións para minimizar o seu impacto.

Na actualidade só se recicla o 9 por cento do plástico que se produce, un 12 por cento é incinerado e o 79 por cento restante vai parar a vertedoiros ou directamente ao medio ambiente.

Hai máis de 230.000 toneladas de residuos plásticos flotando na superficie dos distintos mares do mundo e, aínda que se está estudando cada vez máis, descoñécese aínda todo o impacto dos microplásticos que non son visibles a primeira ollada.

La Escuela de Vela del MRCYB organiza diversas salidas a lo largo del año para limpiar playas – Foto © David Fontán

Para poñer luz sobre esta problemática e tratar de concienciar ás xeracións futuras, o Monte Real programou diferentes actividades en distintas localizacións do municipio. Unha primeira parte, máis teórica, incluirá unha presentación do tema nas instalacións do club baionés.

Explicarase aos máis pequenos os tipos de plásticos existentes, a súa produción, as vías de entrada dos residuos en ríos, mares e océanos, e a súa repercusión para o planeta. Na segunda parte do taller, os nenos desprazaranse ás praias da Barbeira e A Ribeira, dúas dos areais máis céntricos e concorridos do municipio baionés, para participar nunha sesión práctica de identificación e recollida de residuos.

O obxectivo é que poidan ser capaces de recoñecer e clasificar macroplásticos, que posteriormente depositarán en contedores de reciclaxe. A actividade tamén incluirá a procura de microplásticos, para o que se empregarán materiais de laboratorio cedidos pola Universidade de Vigo como barutos e lupas binoculares, xa que a maior parte dos microplásticos non se observan a primeira ollada.

Explicarase ademais a necesidade de cambiar as bolsas de plástico por outras reutilizables, evitar as bandexas nas que adoitan vir os alimentos, non usar vasos, plásticos e cubertos de plástico ou elixir botellas e envases retornables.

Con esta acción de divulgación e educación ambiental, que será impartida pola licenciada en Ciencias do Mar e investigadora sobre contaminación mariña, Noelia Estévez, o Monte Real busca concienciar os nenos do municipio da importancia de avanzar cara a un modelo de consumo máis sustentable, reciclando os plásticos e non tirándoos en calquera lugar, incidindo nos efectos nocivos que o plástico ten para o medio.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...