InicioVal MiñorNigránChamamento público para atopar á persoa que lle clavou un desparafusador no...

Chamamento público para atopar á persoa que lle clavou un desparafusador no corazón a un can en Nigrán

PUBLICADO O

- Advertisement -

Natalia Rodríguez, a alma mater do refuxio animal La Isla de Tali ubicado nun illote privado da desembocadura do río Miñor en A Ramallosa (Nigrán) fixo un chamamento público no día de hoxe para atopar á persoa ou persoas que entraron no seu refuxio e mataron a un dos cans acollido chamado Mel.

Os feitos aconteceron na madrugada do luns 19 para o martes, e nun principio pensaron que a súa morte fora natural logo de que esa madrugada houbese unha forte treboada con intensas choivas que estresaran ao animal.

A sorpresa chegou cando Natalia recibiu os resultados forenses do animal. O can foi presumiblemente maltratado rompéndolle seis costelas e apuñalándolle un desparafusador no corazón. Alguén entraría na finca (privada) do refuxo exclusivamente para matar ao animal. Relata Natalia no seu vídeo.

¿qué clase de ser humano se dedica a matar de forma tan cruel al animal que viene a recibirte?

Natalia Rodríguez – La Isla de Tali

“Yo entiendo que haya gente que no le gusten los animales… que no compartan mi filosofía por anteponer mi vida , todo por los animales. Pero ¿qué clase de ser humano se dedica a matar de forma tan cruel al animal que viene a recibirte? . Necesito encontrar al asesino que haya hecho a Mel. solo quiero justicia para Mel y para que no le pasa a otro animal”.

Sinala que xa puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil e fai un chamamento para que lle aporten pistas que poidan dar co culpable ou culpables dos feitos que tería accedido ao río coa marea medio alta e enfangar a roupa para chegar ata á illa entre as 3 e as 7h da madrugada do luns ao martes e tivo que andar pola zona de Sabarís, Ramallosa ou Borreiros . “Esta persona tuvo que entrar en el río con la marea medio alta y mancharse la ropa. Dejó al animal muerto en la finca y se fue”

ÚLTIMAS

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...