Buscan ao autor dun atropelo en Nigrán que fuxiu do lugar do accidente

Familiares da vítima buscan testigos que poidan axudar a dar co paradoiro do autor do accidente

Rotonda Estrada pola Vía á altura de Vilameán | Foto Kike Beiro
Rotonda Estrada pola Vía á altura de Vilameán | Foto Kike Beiro

112 Galicia informa dun atropelo a un ciclista que resultou ferido despois de ser alcanzado por unha motocicleta este martes 9 de agosto ás 21:15 horas en Nigrán, requirindo a presencia dos servizos sanitarios, da Guardia Civil de Tráfico e da Policía Local.

Segundo a información facilitada ao 112 polos equipos de intervención que acudiron ao lugar, o condutor da motocicleta continuou a marcha.

Familiares da vítima buscan testigos que poidan axudar a dar co paradoiro do autor do accidente.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here