InicioEconomíaConde pide que os fondos europeos sexan a "oportunidade" de transformar Galicia

Conde pide que os fondos europeos sexan a “oportunidade” de transformar Galicia

Así o manifestou durante a súa intervención no Foro AJE-Galicia, celebrado no parque empresarial de Porto do Molle en Nigrán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidemte primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, animou este xoves ao tecido empresarial e ao Goberno central a colaborar para que os fondos europeos sexan “unha verdadeira oportunidade” para a transformación de Galicia.

Así o manifestou durante a súa intervención no Foro AJE-Galicia, celebrado no parque empresarial de Porto do Molle en Nigrán.

Conde destacou que a formación será unha das claves para acceder ás oportunidades dos fondos da UE e “abrir paso” á economía ‘verde’ e do coñecemento. Respecto diso, apuntou que empresas e emprendedores deben cooperar nesa formación para achegar valor engadido ao seu negocio, adaptarse aos cambios e compasar a transformación dixital e sustentable coa capacitación do seu capital humano.

O vicepresidente económico da Xunta tamén se referiu ás oportunidades que se abren coas axudas, aínda que lamentou a xestión do Executivo central pola “falta de información, a rixidez dos requisitos, o escaso efecto incentivador das axudas e a imposibilidade de encaixar proxectos”.

Nese sentido, volveu reclamar que se permita ás Comunidades Autónomas participar na definición dos proxectos estratéxicos para que os territorios non queden fóra da repartición, e máis marxe de manobra cun marco regulatorio “flexible e áxil” para as empresas.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...