InicioSociedadeA área de Vigo volve superar o cento de casos de Covid

A área de Vigo volve superar o cento de casos de Covid

Hai catro hospitalizados, dous en pranta e dous na UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia rexistra un novo ascenso dos casos activos de Covid-19 ata situarse nos 745, que supoñen 221 máis que os 524 de hai unha semana, mentres que os novos contaxios descenden a 54, que implican 19 menos que o día anterior, e os pacientes ingresados por este coronavirus mantéñense en 39. Pola súa banda, a taxa de positividade baixou a un 1,56 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, aumentan a nove as persoas ingresadas en UCI pola Covid –unha máis–, pero descenden a 30 as hospitalizadas noutras unidades –unha menos–, mentres que 706 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias a presión hospitalaria manténse na de Vigo con dous hospitalizados en planta e na UCI. 

CASOS EN ASCENSO

Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso por oitava xornada consecutiva en Galicia e sitúanse en 745, que supoñen 26 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (54) que altas (28). Estes constitúen 221 infeccións activas máis que hai unha semana. As infeccións activas ascenden en Vigo (+10) que volve xa supera o cento de casos, con 101.

BAIXAN OS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 arrincan esta semana con 54, que supoñen 19 menos que os 73 da xornada anterior, mentres que fai sete días reducíronse a 33. Ata a data, o luns 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’.

Os 54 novos contaxios foron confirmados por probas diagnóstica de infección activa nas últimas 24 horas, dos cales 11 son da área de Vigo.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...