InicioSociedadeBaixan as hospitalizacións por Covid pero aumentan os casos na área de...

Baixan as hospitalizacións por Covid pero aumentan os casos na área de Vigo

O número de casos activos baixa a 344

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 aumentan a 84 en Galicia, pero seguen por baixo do centenar, mentres que os casos activos manteñen a tendencia descendente e sitúanse en 1.819 a puno de iniciarse o otiño. Os pacientes hospitalizados por este coronavirus redúcense a 79 –oito menos que a xornada anterior– e a taxa de positividade aumenta lixeiramente a un 2,8 por cento.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este mércores, con rexistros ata as 18,00 do martes, baixan a 23 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid –unha menos– e a 56 as que se atopan noutras unidades –sete menos–. Polo seu lado, hai 1.740 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

A presión hospitalaria baixa en Vigo con catro pacientes en críticos –dous menos– e a tres os hospitalizados noutras unidades –un menos–.

CASOS EN DESCENSO

En canto as infeccións activas volven descender en seis das sete áreas sanitarias, salvo na de Ourense, na que aumentan lixeiramente (+2). Á cabeza na baixada está a da Coruña e Cee (-43); seguida da de Vigo (-28); Lugo (-13); Pontevedra e O Salnés (-9); Santiago e Barbanza (-8) e Ferrol (-8). Deste xeito, Vigo queda con 344 casos.

AUMENTO DE CONTAXIOS

Os contaxios de Covid-19 aumentaron a 84, o que supón 36 máis que os 48 da xornada anterior, tras arrincar a semana con 61, polo que se manteñen ao termo do verán por baixo do centenar. Do total, 19 corresponden á área de Vigo.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...