InicioVal MiñorBaionaVigo continuará con retricións altas, das que saen Santiago e Ourense

Vigo continuará con retricións altas, das que saen Santiago e Ourense

Tamén seguen con restricións altas Baiona, A Guarda, Gondomar, Nigrán, O Porriño, Redondela, Salvaterra, Tui, Arbo, As Neves e Tomiño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As cidades de Santiago de Compostela e Ourense sairán do nivel alto de restricións, segundo informou en rolda de prensa o conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, tras a reunión do comité clínico que asesora á Xunta na pandemia de Covid.

A evolución epidemiolóxica nestas cidades permite relaxar as restricións e pasarán do nivel alto ao nivel medio. Mentres, o resto de grandes urbes (A Coruña, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ferrol) manterán o nivel alto de limitacións, xunto a outros 50 municipios.

No caso da área de Vigo tamén estarán con restricións altas Baiona, A Guarda, Gondomar, Nigrán, O Porriño, Redondela, Salvaterra, Tui, Arbo, As Neves e Tomiño.

Con respecto aos concellos co nivel máximo de restricións, reduciranse a un só municipio, O Grove, tras mellorar a súa situación as outras 8 localidades que permanecen neste nivel: Burela, Foz, Viveiro, Sanxenxo, Muros, Monterroso, Meaño e Baiona. Todos eles pasarán a nivel alto, excepto Monterroso, que descende directamente a nivel medio.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...