InicioEconomíaMario Conde suspende a súa polémica conferencia en Baiona

Mario Conde suspende a súa polémica conferencia en Baiona

O Concello recibe unha notificación do ex-banqueiro corrupto na que di que “non pode permitir que se faga publicidade á súa costa".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Departamento de Cultura do Concello de Baiona avisou este martes que queda suspendida, por petición de Mario Conde, a conferencia que o ex-banqueiro corrupto ía protagonizar este xoves na Capitanía Marítima.

O goberno local recoñece que “ante o balbordo político e as notas de prensa que se verteron” en relación á conferencia de Mario Conde deste xoves, día 19 de xullo, e “recibindo unha renuncia oficial por parte do mesmo, o Concello de Baiona vese na obrigación de anular dita conferencia por desexo expreso do relator”.

Segundo Cultura, Conde transmitiu ao Concello que “non pode permitir que se faga publicidade á súa costa, nin dane súa imaxe por motivos políticos”.

O título da conferencia era ‘Ser uno miesmo, ser persona en cualquier circunstancia de la vida’. O Concello convidouno a participar no VIII Ciclo de Conferencias Culturais que organiza os xoves de xullo e agosto na Capitanía ás 20.30. Un convite que causou moito malestar, xa que Mario Conde é unha icona da corrupción financeira en España.

A súa participación levou ao portavoz de Esquerda Unida EU-Son, Silvano Montes, a esixir a súa retirada do cartel de conferenciantes porque “sería unha burla á veciñanza”. Mais o Concello sempre rexeitou anular a intervención do ex-banqueiro corrupto.

ÚLTIMAS

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...