InicioSociedadeDispáranse os casos na área de Vigo

Dispáranse os casos na área de Vigo

Os casos activos volven rondar os 300.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 disparáronse a 258 en Galicia, 96 máis que a xornada anterior, e os casos activos soben por oitava xornada consecutiva e sitúanse en 1.837 no inicio de xullo –164 máis que o día pasado–, mentres que os pacientes ingresados por este coronavirus descenden lixeiramente a 53 –un menos–.

Segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores –30 de xuño–, non hai grandes cambios na situación hospitalaria da área de Vigo, con ningún paciente en UCI e un noutra unidade.

AUMENTO DE CASOS ACTIVOS

O mes de xullo arrinca con 1.837 casos activos de Covid-19 tras aumentar por oitava xornada consecutiva, que supoñen 164 máis, ao haber de novo máis contaxios (258) que altas (94). Por tanto, seguen en niveis da segunda quincena de agosto do ano pasado. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan en 12 na área de Vigo, que suma 297.

CONTAXIOS DISPARADOS

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba, que desde o pasado xoves día 24 mantéñense por encima dos 120, disparáronse a 258 –que supoñen 96 máis que o día anterior–, despois de arrincar esta semana con 123, baixar lixeiramente a 121 o martes, e repuntar a 162 a xornada pasada. Na área de Vigo foron detectados 27 novos casos.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...