InicioSociedadeDados de alta 28 pacientes de covid na área sanitaria de Vigo

Dados de alta 28 pacientes de covid na área sanitaria de Vigo

Baixa tamén a presión nas UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presión hospitalaria segue en descenso tras baixar en 63 as persoas con Covid-19 ingresadas en hospitais de Galicia, que se sitúan en 1.215, con oito pacientes con coronavirus menos en UCI e 55 menos noutras unidades. Tamén os casos activos seguen reducíndose e están en 17.632, o que supón 820 menos. Por contra os contaxios diarios e a taxa de positividade repuntan lixeiramente.

Así o constatan os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes. Na área sanitaria de Vigo os pacientes con Covid en UCI caen a 28 –un menos– e os doutras unidades a 135 –catro menos–.

CASOS ACTIVOS E CONTAXIOS

Os casos activos seguen en descenso en Galicia e este mércores sitúanse en 17.632, o que supón 820 menos que a xornada anterior. Deles, 2.924 corresponden á área sanitaria de Vigo.

TAXA DE POSITIVIDADE

No que respecta á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– aumentou a un 5% tras baixar desa cifra a un 4% o luns por primeira vez desde o 24 de decembro e situarse nun 3,6% este martes. Así, colócase no que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...