InicioVal MiñorBaionaOs centros de ensino enténranse dos positivos de COVID pola prensa

Os centros de ensino enténranse dos positivos de COVID pola prensa

PUBLICADO O

- Advertisement -

Estupor, así describen membros de equipos directivos de ensino da área viguesa dende que o SERGAS ante o xeito en que ten a Xunta de comunicar os positivos nos centros. A golpe de comunicado de prensa e sen contrastar a información cos propios centros de ensino.

A Xunta de Galicia e Extremadura son as dúas administracións autonómicas máis opacas do Estado no relativo a ofrecer o acceso aos datos públicos sobre a evolución da pandemia, motivo polo que foi reprimida públicamente polo colexio de Xornalistas de Galicia.

Galicia é neste momento, xunto a Extremadura, a autonomía máis opaca” na comunicación destes datos e “só algús autos xudiciais feitos públicos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia permiten coñecer parcialmente algúns datos pormenorizados” aseguraron dende o organismo profesional galego.

Mostra desa opacidade é a situación que viven algúns centros de ensino galegos, onde nais e pais e os propios centros entéranse pola prensa que o centro escolar de referencia aparece no listado ofrecido polo SERGAS nos seus comunicados diarios de positivos por COVID19

Así o pasado 19 de setembro aconteceu en Nigrán, no Colexio Estudio en Chandebrito, onde o centro tivo que publicar unha nota de aviso, logo de enterarse que o centro aparecía no listado do SERGAS sen que o centro tivese constancia de ningún positivo no inicio do curso.

O mesmo acontecía o pasado día 22 de setembro no colexio CEIP Fontes – Baiña de Baiona, onde a directiva do centro acolleu a información na prensa con sorpresa e tiveron que enviar un comunicado ás familias aclarando a información.

Ao día seguinte o SERGAS eliminaba o CEIP de Fontes-Baiña do seu listado. Varios centros desaparecían sen aclaración algunha da listaxe de casos trasladado pola Xunta, en concreto eran o CEIP Plurilingüe Eladia Mariño de Cabanas, o IES de Fene, o IES Manuel García Barros da Estrada, o CEIP Castelao de Vigo e o CEIP Fontes-Baíña de Baiona.

E o mesmo volveu a acontecer no día de hoxe no IES Escolas Proval no Val Miñor, a directiva do centro tivo que publicar un comunicado na súa web polo mesmo motivo logo de que o comunicado de prensa do SERGAS apuntase a 2 positivos no centro. Trátanse de dous alumnos pendentes de coñecer os resultados das probas PCR que non se incorporaron ás clases.

Este tipo de situacións están provocando por un lado inquedanza nas familias e unha carga adicional de traballo dos servizos de atención ao público dos propios centros onde atenden chamadas de pais e nais ante a información, errónea nestes casos, trasladada dende os gabinetes de comunicación da Xunta.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...