InicioVal MiñorBaionaO Val Miñor sae á rúa para esixir 'Máis Sanidade Pública'

O Val Miñor sae á rúa para esixir ‘Máis Sanidade Pública’

PUBLICADO O

- Advertisement -

Plataforma de usuarios da sanidade pública do Val Miñor concentráronse este xoves en A Ramallosa (Nigrán) para reclamar «Máis sanidade pública».

A concentración convocada por usuarios da sanidade pública foi públicamente apoiada polo PSdeG PSOE, Galicia en Común e BNG, PCG, Esquerda Unida e Podemos.

Na concentración o colectivo convocante leu un manifesto diante dunhas 300 persoas concentradas na capela de San Campio.

“Nos último anos, tense sometido á Sanidade Pública en Galicia a un auténtico acoso e derrubo mediante recortes, privatizacións, taxas ridículas de reposición, perda da universalidade, redución das camas hospitalarias, etc. Especialmente, intentouse destruír a Atención Primaria de Saúde, a porta de entrada ao sistema sanitario e o que lle dá sentido e eficiencia aos fluxos de pacientes e inclúe a atención comunitaria.

Recentemente, a pandemia provocada polo coronavirus SARS-Cov 2, ten amosado de xeito dramático estas deficiencias: falla de material esencial en stock, falla de material de protección individual, falla de recursos de urxencias e de UCI para os pacientes máis graves, falla de profesionais… E o que aínda é máis grave: o contaxio e morte masiva dos pacientes máis vulnerables: os usuarios das residencias de maiores pola falla de vontade de protexelos da pandemia a eles e aos traballadores das mesmas.

Ante isto a sociedade en xeral non pode seguir sen amosar o seu rexeitamento aos recortes de servizos e de persoal, á falla de previsión das direccións das áreas sanitarias e da Consellería de sanidade da Xunta de Galicia con competencias exclusivas na asistencia sanitaria, as consecuencias da privatización dos Centros para maiores e de ter convertido a Saúde Pública nun elemento residual do sistema sanitario cando tanta utilidade ten nas patoloxías que van máis alá do individuo.”

A concentración rematou cunha marcha simbólica pola alameda de San Campio gardando as medidas de seguridade entre os presentes.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...