InicioVal MiñorNigránAPRAZADO - Voluntarios de toda España protagonizarán a plantación do 'Bosque da...

APRAZADO – Voluntarios de toda España protagonizarán a plantación do ‘Bosque da Luz’ en Chandebrito

EVENTO APLAZADO ATA NOVO AVISO

PUBLICADO O

- Advertisement -

EVENTO APLAZADO ATA NOVO AVISO

Concello de Nigrán, Comunidad de Montes e Asociación de Veciños de Chandebrito organizan xunto a asociación ‘Galicia Ambiental’ a plantación de castiñeiros ‘Bosque da luz’ este sábado e domingo na parroquia.

Un cento de voluntarios inscritos desde toda España participarán neste programa que xurde a través do proxecto ‘Arbores de cinza’ e que conta co apoio do ‘Festival de la Luz’ de Boimorto amadriñado por Luz Casal.

Serán dous días de confraternidade co pavillón do Colexio Estudio de Chandebrito como ‘albergue’, sendo o sábado a xornada máis completa coa realización de dúas reforestacións (mañá e tarde) e o concerto ás 22:30 de San Rockers e The Soul Jacket como colofón (as dúas bandas de rock con raigame en Nigrán).

Para este evento musical a Comunidade de Montes solicita un donativo de 5€ como entrada simbólica destinada a continuar coas plantacións na parroquia.

Coincidindo o sábado co 40 aniversario do falecemento de Félix Rodríguez de la Fuente, realizaranse tamén actividades paralelas pensadas especialmente para un público infantil. Ademais, inaugurarase un monolito en agradecemento aos promotores do evento e o domingo pola mañá, como despedida dos voluntarios ao mediodía, terá lugar unha andaina etnográfica pola parroquia.

“Son dous días de convivencia e confraternidade con voluntarios de toda España e o sábado contará co concerto de San Rockers e The Soul Jacket para todo o público que desexe asistir. É unha honra acoller este programa de voluntariado en Chandebrito e desde o Concello estamos encantados de colaborar nel”, sinala o alcalde, Juan González.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...