InicioVal MiñorBaionaLocalizado un corpo sen vida en Cíes, na zona onde afundira o...

Localizado un corpo sen vida en Cíes, na zona onde afundira o Marsua J

PUBLICADO O

- Advertisement -

Salvamento Marítimo acaba de confirmar a lozalización dun corpo sen vida no Freu da Porta nas Illas Ciés.

O pesqueiro ‘Novo Meira’ localizou o corpo ás 11:30h xusto na zonda onde o pasado 24 de febreiro envorcou a embarcación de pesca “Marsua J” con dous tripulantes a bordo.

O 112 alertou a Salvamento Marítimo, Garda Civil, Policía Local de Vigo, Protección Civil e Gardacostas. Finalmente, o helicóptero ‘Pesca 1’ recuperou o corpo do mar e trasladouno ao peirao de Carracido, nas illas Cíes.

A localización deste cadáver, que aínda non foi identificado, produciuse preto do lugar onde, o pasado 24 febreiro, afundiuse un pequeno barco de artes de pesca menor con dous homes a bordo, o ‘Marsua J’, con base no porto de Baiona (Pontevedra). Tras o naufraxio, recuperouse o corpo dun dos mariñeiros veciño de Baiona, mentres que o outro, o patrón veciño de Panxón (Nigrán), permanece desaparecido.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...